Vindeiro luns 17 de maio arrinca a terceira edición do Intergaliza-Integraliza, un programa de actividades que pretende -ao redor da celebración das letras galegas- achegármonos un pouco máis a esas outras culturas que conviven con nós e que xa forman parte do noso entorno cotián.
A base do respecto é o coñecemento mutuo, por iso propoñemos crear espazos de conviencia xunto ás comunidades de inmigrantes da nosa cidade e contorna.
Este ano, o festival incorpora 2 novidades principais: por unha parte o desenvolvemento das actividades previstas en varios días e por outra a participación de comunidades de inmigrantes de fóra da nosa provincia (aínda que seguindo no ámbito galego). Neste senso, o festival dará comezo o luns 17 cun torneo de fútbol triangular no que participarán persoas de América e África (ademáis de galegos e europeos) e no mesmo participará un nutrido grupo de peruanos pertencentes á Asociación Rigoberto Quezada de Cambados. Este torneo triangular desenvolverase no Estadio do Couto, grazas á estupenda disposición e grande colaboración da directiva do C.D. Ourense, por medio do seu presidente Juan Pérez.
PROGRAMA
O programa dará comezo, como indicabamos enriba o Luns 17 de maio ás 12 h. coa celebración dun TORNEO TRIANGULAR DE FÚTBOL entre xogadores de ÁFRICA, AMÉRICA e EUROPA. Terá unha especial incidencia o lugar onde se vai celebrar, pois trátase do Estadio do Couto, referencia deportiva de toda a provincia, grazas aos esforzos e boa disposición do C.D. Ourense.
O Martes 18 ás 20 h. enmarcamos dentro do programa -polo seu interese- a CONFERENCIA que Meir Margalit impartirá sobre a situación sociopolítica de XERUSALÉN e o conflito israelí-palestiniano. Margalit é un prestixioso historiador, fundador do ICAHD e Asesor das Nacións
Unidas para os asuntos relacionados con Xerusalén. Este acto está incluido dentro do programa A Intercultural do Campus de Ourense e desenvolverase no Liceo de Ourense.
O venres 21 ás 10 h., coa colaboración da Concellaría de Educación do Concello de Ourense, os protagonistas serán os XOGOS TRADICIONAIS de distintas culturas. Actividade dirixida ás/aos escolares da zona do Couto, que é o barrio onde maioritariamente residen as comunidades de inmigrantes. Os xogos terán lugar no Parque Barbaña.
E o mesmo venres 21, apartir das 19 h. nos exteriores da Biblioteca Central do Campus de Ourense terá lugar o FESTIVAL INTERGALIZAINTEGRALIZA, con espazos para a degustación gastronómica, para a oralidade, para os xogos tradicionais e un pequeno "Espazo Manta". O grupo ourensán OS PERQTORES será o encargado de iniciar o festival e animar musicalmente este espazo, até o comezo dos concertos que fecharán o evento ás 21 h., coa participación dos grupos DIKATT (Senegal), ROGERS Y SU SABOR LATINO (Colombia) e A TUNA RASTAFARI (Galicia).
Esta actividade é posíbel grazas ao traballo e colaboración de distintas entidades: o Campus de Ourense (por medio do programa A Intercultural), o Concello de Ourense, C.D. Ourense, o Concello de Cambados, a Asociación de Inmigrantes Senegaleses de Ourense, a Asociación Afrolatina, a Asociación Amigos de Venezuela "Alma Llanera", a Asociación Rigoberto Quezada, o Restaurante Sabor Colombiano, Brinquedia - Rede galega do xogo tradicional e Os Perqtores