10 may 2010

CICLO DE CINEMA CHINÉS EN OURENSE

A Asociación Ying Yang, en colaboración coa Embaixada da República Popular da China e o Centro Cultural da Deputación de Ourense está organizando, desde o pasado 20 de abril unha serie de proxeccións cinematográficas que, baixo o título de Paixóns de Oriente, achega á cidade das Burgas importantes realizacións chinesas en versión orixinal subtitulada.
O ciclo abriuse o 20 de maio co filme "Quero estar contigo", de Chen Kaige, premiada coa Cuncha de Prata (ao mellor director) no Festival de Donostia. O martes 27 era Belos pés grandes, de Yang Yazhou.
Ven completar o programa "O nó" de Yin Li (o 4 de maio), "Tal vez amor" de Peter Chan (o 11 de maio) e "Marzo Florido", de Zeng Xiaoxin (o 18 de maio).

Todos os pases están programados para as 20.30 horas no propio Centro Cultural da Deputación de Ourense e con entrada de balde.