21 abr 2010

UNIDIVERSIDADE (2009)


O sábado 8 de agosto de 2009 tivo lugar no núcleo ourensán de Seixalbo a primeira edición do UniDiversidade, un evento pensado desde as distintas asociacións deste pobo para promover un diálogo intercultural. Ás asociacións culturais Os Irmandiños e Agromadas, ademáis da AVV San Breixo de Seixalbo, uníronse a A. C. Intergaliza, a Asociación Afrolatina de Ourense, á Asociación de Xitanos Chanela e a Asociación de inmigrantes Senegaleses en Ourense.

Xogos, música, gastronomía e deporte das distintas comunidades imigrantes en Ourense atoparon un espazo común dentro do marco de UniDiversidade.

Todas as actividades tiveron lugar no Campo da Infesta e na Praza do Cabildo con arranxo ao seguinte programa:

CAMPO DA INFESTA

19 h. Partido de fútbol da mocidade xitana, senegalesa e de Seixalbo.

PRAZA DO CABILDO

19 h. Xogos tradicionais galegos e das distintas comunidades participantes

- Al-Sig (Sahara)

- Khala-Khala (Senegal)

- Awale (África)

- Weiqi (China)

- Tiro da corda (Galiza)

- Chave (Galiza)

- Xogos infantís (galegos e universais)

20.30 h. Degustacións gastronómicas:

- Acara e Beignet Dugub (Senegal)

- Cuscus, Doces e infusión de te (Sahara)

- Arroz con berzas, pita caseira e touciño (Etnia xitana)

- Pementos de Seixalbo con pan do país (Seixalbo)

21.30 h. Festival, presentado e conducido por Nate Borrajo, no que haberá espazo para a música e os contos tradicionais, coa intervención de:

- Xitanos Chanela Ourense

- Conto senegalés con subtítulos en galego

- Tatiana Costomarova (violinista rusa)

- Grupo feminino de Danza do ventre de Seixalbo

- Conto tradicional saharaui con subtítulos en galego

- Os Perqtores

- Conto tradicional galego con subtítulos en árabe

- Tarrañolas (Pandereteiras de Narón)

- Armando Ojea

- Coros infantís Voces Brancas (Colexio Purísima) e Mundo Novo (Santo Domingo)

23.30 h. Concerto por conta de:

- Tarrañolas, de Narón

- Xitanos Chanela, de Ourense