21 abr 2010

II FESTIVAL INTERGALIZA - INTEGRALIZA (2009)

Na xornada do pasado xoves 28 de maio tivo lugar a 2ª edición do Festival Intergaliza – Integraliza, un evento que procura achegar ás/aos ourensás/áns as distintas realidades culturais das/os seus/súas habitantes, tanto das/os nacidas/os aquí como das/os pertencentes a outras comunidades culturais. Nesta edición, o festival encadrouse dentro do programa do Campus de Ourense A Intercultural, como actividade de fin de programa.
O festival conta con distintos espazos para outras tantas expresións culturais destas comunidades: os xogos tradicionais, a gastronomía, os contos e a música. A valoración do acto foi moi positiva pola parte da organización e dos colectivos participantes.

No espazo dos xogos foi de interese
ver como os xogos tradicionais doutros lugares do mundo son moi semellantes aos nosos, ainda que com diferenczas nos nomes e materiais básicamente, o que facilita que sexa moi doado que 2 nenas/os de distintas culturas poidan “entenderse” a través do xogo sem ningún tipo de problema. Previamente levouse a cabo um triangular de fútbol sala entre unhas “seleccións” de xogadores africanos, americanos e galegos.



No espazo gastronómic
o esgotáronse todas as mostras gastronómicas de Alxeria, Sahara, Senegal, Colombia, Venezuela. A curiosidade estaba no “stand” galego, onde se podia degustar umha empanada musulmana (creada para o festival), que non é outra cousa que a empanada nosa de toda a vida, aínda que feita con carne halal.


No apartado dos contos, escoitáronse contos de Galiza, Colombia, Sahara e Senegal, nas súas línguas orixinais, ao tempo que através dunha pantalla podían verse as traducións dos mesmos ao galego.
Joao Rodicio foi o encargado de conducir o festival, ademais de contar o conto galego, que se pudo ver traducido con grafia árabe.

No musical participaron
Deggo percusión (Senegal) e Turre’s Band (Galiza), quen ademais dos Perqtores, extenderon a festa ao longo da tarde-noite xenerando um ambiente mestizo e moi agradábel.


Calculamos que pasarían polos distintos espazos ao redor de 1.000 persoas, entre as que salientamos a presenzas do
Cónsul de Venezuela, da ex-Cónsul de Arxentina, do Vice-reitor do Campus de Ourense (Juan Francisco Gálvez) e das concelleiras de Benestar Social (Marga Martín); Cultura (Isabel Pérez) e Igualdade (Marta Arribas).

O festival contou coa colaboración das
Concellarías de Benestar e de Cultura do Concello de Ourense, así como da Asociación Afrolatina de Ourense, a Asociación de Amigos de Venezuela, a Asociacións de Inmigrantes Senegaleses en Ourense e o Restaurante Sabor Colombiano.