20 jul 2010

O Restaurante Sabor Colombiano ven de convocar unha festa o vindeiro domingo 18 de xullo para celebrar a independencia de Colombia.

O acto vai ter lugar nas instalacións do Complexo Deportivo de Monterrei, comezando ás 12 h. e extendéndose ao longo de todo o día.

No mesmo están previstas actividades para pequenas/os e maiores, piscina, un partido amistoso de fútbol-sala e degustacións de comida típica colombiana a prezos mui populares.

Máis información nos teléfonos: 988 984 445 e 606 100 851

Eis umha ligazón para saber un pouco máis da independencia de Colombia -marcada na data do 20 de xullo de 1810- e dese país sudamericano